Nocilla é a crema de cacao líder en España e unha das marcas máis queridas polas familias. O seu inconfundible sabor acompañounas en almorzos e merendas desde 1968 e os seus icónicos vasos son imprescindibles nas vaixelas de todo o país.
Toda a gama de produtos da marca está elaborada sen aceite de palma, o que reduce nun 35% as graxas saturadas do produto con respecto á media ponderada da categoría de cremas.
Nocillear hoxe é máis doado e divertido ca nunca. Faino coa túa familia ou cos teus amigos en filloas, gofres e torradas e goza do seu sabor inconfundible. Ademais, hoxe Nocilla non é só unha crema de cacao, tamén se pode gozar en galletas (Nocilla Cookies) ou en xeados.